Eventos Privados - Team Cooking
Imos encontrar en ESPAZO ABELLA unha tendencia nova en canto a talleres de cociña, unha nova experiencia gastronómica, unha nova forma de entender o traballo en grupo, unha boa opción para a cohesión de equipos, unha nova fórmula de reunión arredor dunha boa mesa. Todos traballamos na elaboración e degustación do cociñado. Participación do 100×100 dende o primeiro momento.
Unha experiencia diferente baixo a dirección e orientación do noso chef en ESPAZO ABELLA, realizaremos tarefas similares ás que se acometen nun restaurante, dende a compra tradicional dos mellores produtos da nosa zona, á elaboración das nosas receitas para finalmente saborealas.
E non só realizaremos “formación lúdica” … ESPAZO ABELLA brinda o lugar perfecto para realizar reunións de empresa e o almorzo sen ter que desprazarnos a outro lugar. Somos un punto de reunión para celebracións especiais ou simplemente unha reunión de amigos que queren pasar un bo momento. Un lugar onde conxugaremos o verbo traballar cop verbo gozar, nun ambiente privado e acolledor.
¿Que vos ofrecemos?
- Aluguer de espazo a empresas para reunións de traballo, incentivos, presentacións de produto, comidas e ceas de empresa.
- Aluguer de espazo a grupos de amigos ou familias para comidas ou ceas, con ou sen cociñeiro.
- Talleres de cociña
- Cursos para profesionais