Nós

Obxectivo

Di André  que o nome de ESPAZO ABELLA é porque a “Abella” é vital, saudable e traballa en equipo. Toda unha filosofía que resume o concepto desta empresa.

En Espazo Abella hai Paixón.  Paixón e Respecto pola Gastronomía e a Cociña. Paixón por ensinar, para aprender, para cociñar, para degustar, para compartir momentos. Estamos abertos a un universo destinado a un dos praceres máis primitivos do Home.

Cos nosos “talleres monográficos” imos gozar aprendendo a preparar eses pratos  que sempre quixemos saber facer. Dende as receitas máis sinxelas ás últimas tendencias gastronómicas. (Cociña de outono, cociña para xóvenes, como cociñar sen manchar moito…speaking&cooking… imos  á praza con André…)

Lugar ideal para eventos privados: gozade das nosas instalacións a vosa disposición, o mesmo para celebracións que para reunións profesionais, para realizar sesións de traballo e logo almorzo. Un espazo de reunión con intimidade  nun ambiente lúdico. Cóntanos que necesitas e nós axudámoste.

Como nos gusta que o pases ben na cociña  ímoste ensinar como facelo. E como nos encanta comer o que cociñamos…, agora é cando toma valor a frase  “Eu o guiso , eu o como”. Ti só tes que vir e gozar.

Filosofía e valores

“A única maneira de facer un traballo xenial é amar o que fas”

(Steve  Jobs)

  • Para que? Para aprender e gozar
  • Para quen? Para quen goce da cociña, incluso cociñando.
  • Como? En  cursos, talleres, eventos, celebracións…
  • Formación lúdica: cociñar charlando, copa de vino en man e remate comendo o preparado.
  • Onde? En ESPAZO ABELLA , na área de Santiago de Compostela
  • Cando? O  ideal é ao mediodía o pola noite, de todos modos consúltanos.

Historia

Empresa xove, ESPAZO ABELLA abriu as súas portas no ano 2017 na procura dun espazo versátil  onde poder sincronizar un aula de ensinanza para profesionais, talleres gastronómicos  ou un espazo para realizar todo tipo de eventos (reunións de traballo e almorzo,  celebracións,…) . Non podemos esquecer a tarefa de  investigación: actualizarse tamén é importante no mundo da gastronomía, no que cada día xorden novidades que nos deixan sorprendidos. Espazo gastronómico onde a innovación e o I+D xogan un papel importante desenvolvido nun ambiente relaxado e cordial.

Equipo de profesionais

Este barco está capitaneado polo chef André Arzúa que, co seu talento, traballo e ilusión foi capaz de sacar adiante un proxecto co que soñou dende os seus comezos profesionais hai máis de 20 anos. Un soño que comparte co seu equipo  que participa da súa ilusión e traballo. Para preparar os cursos, os talleres, está a   xefatura de estudos, que  ademais é  laboratorio  de investigación; un departamento comercial axuda na organización dos eventos entre outros.

E tamén contaremos con  magníficos  profesionais que prepararán talleres que nos deixarán sorprendidos  como algún dos  que xa fixemos, de panadería, bombonería, xeadería…

Instalacións

ESPAZO ABELLA   un espazo versátil e adaptable

Un espazo ideal para grupos reducidos que o converte nun espazo confortable, facilitando a participación do grupo.

Dispoñemos dos equipos máis modernos e eficaces para realizar un traballo rápido e seguro. Instalacións equipadas cos mellores medios técnicos e tecnolóxicos, contamos tamén con equipo multimedia  moi práctico tanto nos cursos, como nas reunións de traballo.

deseño é vangardista á vez que práctico, aproveitando os espazos para crear un ambiente acolledor apropiado ás nosas reunións.

Ademais tamén contamos co noso propio horto onde recolectamos dende cenorias, porros, … ata herbas aromáticas.  Incluso temos o noso galiñeiro!  De onde obteremos moitos produtos para as nosas elaboracións.

Pero non deixedes de seguirnos xa que hai proxectos/soños que queremos que nos axudedes a conseguir para que as próximas experiencias sexan ideais.

COLABORADORES

Marcas Asociadas

Colaboradores e amigos, aos que sinceramente lles agradecemos o seu apoio e confianza no noso proxecto.