Pedro e Marcos Morán representan, respectivamente, a cuarta e a quinta xeración á fronte de Casa Gerardo, o restaurante familiar situado en Prendes (Asturias) fundado en 1882. Pai, fillo, familia e equipo traballan día a día contando no prato a tradición culinaria asturiana e, á vez, reinventándoa. É a súa forma de contribuír á cociña contemporánea, facendo que avance. O libro “Casa Gerardo, 50 pasos de la cocina contemporánea” reúne en 50 fitos os preto de 135 anos de Historia entre estes catro muros. Eses fitos, ou eses pasos, poden ser respecto a unha materia prima, a un concepto, a unha maneira de entender a cociña ou na sala.
“Creo que esto vai ser importante, non só para Casa Gerardo, senón para a cociña asturiana, que realmente está pasando por un dos momentos máis brillantes de toda a súa Historia”, afirma Pedro Morán.