Un libro sobre cociña do chef André Arzúa titulado Cociña II, reúne un centenar de receitas de cociña, escritas en galego, unha forma de coñecer a súa cociña de autor, dende ravioli de queixo de Arzúa e noces con curry, a crocante de San Simón con mousse de anchoa oo paté caseiro con cogomelos.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou na presentación do libro a «alta calidade» das receitas de Arzúa, que mostran o «traballo diario e intenso do restaurante, unido a unha investigación seria e esixente», detallou. Tras esgotarse o primeiro volume, Cociña II presenta máis de un centenar de receitas, ilustradas polo fotógrafo e deseñador gráfico Alberte Sánchez.
Pratos como desorde de verduras, paté caseiro con cogomelos, pescado en papillote con verduras deshidratadas e zamburiñas ou canelóns de boi de mar con algas son só algunhas das propostas que recolle este receitario.