cursos

Finalizado
21
Junio

Taller de cociña sa e saudábel

André Arzúa

  • 65 IVA
    INCLUIDO

  • PRAZAS DISPOÑIBLES 7 PRAZAS

Sempre creo os talleres baseándome nun concepto de alimentación saudábel. Desmitifico a idea de que comer san é dificil, caro e aburrido. Todas as preparacións que facemos son rápidas e sinxelas e, por iso, sorprenden … porque son DE-LI-CIO-SAS.

Non uso ingredientes con glute, nin lácteos. Todos son aptos para carnívoros, vexetarianos e veganos.

Estes talleres experiencias vante axudar a:

  • Cambiar o chip con respecto á comida sa.
  • Coñecer diferentes usos de verduras e ingredientes que quizais non coñecías, pero que lle darán moito “power” aos teus platos e á túa saúde.
  • Aprender a cociñar receitas segundo a tempada.
  • Optimizar tempo e recursos na cociña.

Data: 21 Xuño 2019 de 20:00 a 23:00 h.
Lugar: Espazo Abella – Lugar de Formarís 26 A. Santiago de Compostela

André Arzúa:

Despois de 14 anos co seu restaurante “A Fábrica de Vilanova” na localidade ourensana de Allariz, varios libros escritos e programas de televisión como “Comando Chef” e 5 temporadas gravadas de “A cociña de André” na Televisón de Galicia, o exitoso cociñeiro galego André Arzúa actualmente acaba de atreverse cun gran soño, “Espazo Abella”, un centro de formación gastronómico en Santiago de Compostela. André Arzúa, cociñeiro galego moderno, televisivo, polifacético e con moitas horas enriba remangando a chaqueta para cumprir os seus obxectivos sen nunca deixar de avanzar aprendendo.